Castro da Saceda
Un martelo arreboladizoTres murallas
A porta norte
O segundo recinto
A poterna
Unha porta ciclópea
Fabricando tecidos
O primeiro castro
Cerámicas
A Cidá da Saceda localízase nun outeiro rochoso a 798 m. de altura, no medio dunha ampla chan luso-galaica situada entre a prominente e fría Serra do Larouco (1.398 m) e a cálida depresión do río Támega (385 m). Este poboado fortificado levantouse a pouco máis de 3,5 km ao noroeste da Cidá de San Millao, un dos castros máis monumentais e sorprendentes de toda a bisbarra de Monterrei. O castro ou Cidá da Saceda sitúase nunha posición que lle permite controlar e dominar visualmente os recursos da zona: a auga, as terras de cultivo, as vías naturais de tránsito, recursos mineiros como o estaño, etc., elementos todos eles importantes durante a Idade do Ferro (800 a.C.- Ano 0). Esta aldea fortificada en altura foi ocupada entre os.VIa.CeoId.C.efoiescavada durante a década de 1980. Desde o ano 2011 está declarada como Ben de Interese Cultural.