Ruta dos muiños das mercedes
As Mercedes é o núcleo tradicional situado máis ao norte do termo municipal de Cualedro. Nel encóntranse dous cursos de auga desiguais, o Regato das Mercedes e o Río de Baldriz. Neste último atopamos un fermoso roteiro perfectamente acondicionado, accesible para todos os públicos, formado por cinco muíños de planta rectangular e unha única moa con cuberta de lousa, unha calidade específica desta parte do concello.