Igrexa de Baldriz
Templo parroquial de nave única construído no século XVIII que, historicamente, estivo vinculado co Priorado de Atás. A orixe do topónimo está, segundo E. Bascuas, nun nome de orixe xermánica: Vila Balderici.
A fachada flanqueada por dúas pilastras de sección cadrada rematadas en pináculos moi estilizados, cunha porta baixo lintel e reloxo moderno. A espadana é de dous corpos, o primeiro de dous vans, e o segundo dun único oco. Remata en altura o conxunto unha cruz latina de pedra sobre unha pequena peaña, franqueada por dous pinchos. O altar ten unha fiestra rectangular que lle dá luz á traseira.