Capela da Pedrosa
Dedicado a San Ciríaco, estamos diante dun pequeno templo dunha soa nave. No seu interior garda unha ara romana que, segundo Rodríguez Colmenero, loce unha “inscrición medio borrada que fai de pía de auga bendita. É un dos monumentos máis antigos e representativos do lugar. O deus alí venerado chamábase Ralmueno ou Palmueno e a dedicatoria do altar faríalla devotamente un tal Melvio Flavino, o primeiro habitante de nome coñecido da Pedrosa, que viviu hai uns 1800 anos.”