Cidá de Carzoa
O castro atópase emprazado no cumio dun outeiro rochoso a unha cota de altitude de 904 m. Presenta planta ovalada defendido por condicións naturais favorables e murallas que configuran as distintas terrazas habitacionais. Na croa aprécianse varios orificios circulares para o apoio de postes. A veciñanza asegura que hai un túnel entre este castro e a igrexa de Flariz.
Segundo algúns estudosos, o topónimo Carzoá pode proceder do zootopónimo Corzoá, que á súa vez procede de corzo. En 1777 González de Ulloa describe Carzoá, cando aínda era anexo de Santa Baia de Montes, do seguinte xeito: “Es aneja a esta parroquia la iglesia con Sacramento sita en el lugar de Carzoá, a media legua distante a poniente. Su situación es más áspera que la de Santa Baya. Los parroquianos no son de los más cerriles. En todo el término de estos lugares hay mucha copia de conejos y perdices, y además de notable ni distinguido”.