Miliarios de lamas
Trátase de dous miliarios anepígrafes –sen información gravada– que formaron parte da vía romana secundaria que unía a gran cidade romana de Chaves (Portugal) con Xinzo da Limia. Esta vía de comunicación seguía un percorrido semellante ao da actual autovía A-52, e puido ser un tramo dunha vía romana de longa distancia que uniría Aquae Flaviae (Chaves) con Iria Flavia (Padrón), cruzando os vales do Támega, Búbal, a chaira da Limia, val do Arnoia e cunca do Miño.
Os miliarios eran marcos de sección cilíndrica que sinalaban as distancias en millas nas vías de comunicación (algunhas delas calzadas ou empedradas) construídas durante a dominación romana (s. I-IV d.C).