A poterna
O terceiro recinto murado, o meirande de todos os que posúe o castro da Saceda, é o único que posúe unha poterna, nome que reciben as portas secundarias dun espazo fortificado, pensadas para o acceso exclusivo de persoas. Foi descuberta na campaña arqueolóxica do ano 1988, e desde entón non se realizou nela ningún traballo de consolidación ou restauro. A poterna da Cidá da Saceda é un corte oblicuo na muralla que se localiza nun lugar disimulado da muralla, xa que logo, separada do acceso preferente ao xacemento. Isto permitía aos habitantes do castro entrar e saír del sen ser vistos