Fabricando tecidos
No castro da Saceda atopáronse evidencias da fabricación de tecidos, como pesas de tear e fusaiolas. Estas son unhas pezas cilíndricas realizadas en arxila cocida ou pedra que contan cunha perforación central na que se insería un fuso de madeira. O fuso é unha ferramenta que facilita o fiado de la de ovella ou carneiro, unha operación manual que, mediante a torsión dunha masa de fibras téxtiles, consigue transformalas en fío