Casa da neve da serra do Larouco
As casas da neve ou neveiras son construcións para a obtención de xeo a través da neve recollida durante o inverno para ser consumida durante o verán. A casa da neve que aquí nos ocupa é un pozo de planta ovalada de tres metros de profundidade que foi escavado na rocha do que sae unha canalización duns 10 metros de longo para evacuar o xeo derretido. A neveira, que contou cunha cuberta hoxe desaparecida, pertenceu á Casa de Monterrei durante os séculos XVI e XVII, tal e como proba un escudo nobiliar atopado no seu interior.