Igrexa e reitoral de Atás
Nos muros dos templos románicos non é infrecuente atopar sexo labrado en pedra. Xunto con imaxes de guerreiros medievais, horóscopos, animais diversos –reais ou fantásticos−, cacerías, labregos, músicos ou bailadores, as escenas sexuais parecen unha estraña iconografía para decorar unha igrexa románica en plena Idade Media.
Durante a Idade Media, Atás estivo baixo a xurisdición de Celanova. Consérvase a extraordinaria casa reitoral, o principal edificio civil de Atás, que foi en tempos un cenobio dependente da casa matriz. Os monxes beneditinos ou bieitos contribuíron ao avance económico e tecnolóxico do traballo do campo, establecendo métodos de explotación colectiva e construíndo infraestruturas de regadío, como o chamado Caño de Chamusiños.
A Casa Reitoral, S.XVIII-XIX, preséntanos muros de cantaría en seco e planta en escuadra en torno a un patio que se pecha con cerca de sólidos sillares e portalón con cornisa e remates de cruz e pirámides, con vertente a catro augas, fortín en ángulo e escaleiriña exterior de pedra.