Forno comunal
Densamente poboada no pasado grazas á súa condición de alfándega e de vila, A Xironda é unha aldea compacta que conta cun magnífico forno de cocer pan porticado (semellante ao da Saceda) que serve de mostra da magnífica arquitectura popular desta comarca. De planta rectangular e uso comunal, o forno destaca polos contrafortes que reforzan os grosos muros de carga que sosteñen a súa soberbia cuberta granítica.