Igrexa de Pena Verde
Templo parroquial levantado no século XVIII ou a principios do s. XIX que loce espadana de dobre oco dun único corpo. Destaca pola súa localización, no medio dunha couzada e arrodeada de casas. O seu interior carece de retablos e imaxinaría digna de mención, agás unha imaxe do santo titular.
Segundo R. Colmenero “o Couto de San Pedro de Pena Verde, unha aldea humilde desde o punto de vista material, pertenceu á encomenda de Quiroga, da orde de San Xoán”.