O Madorriño
A medorra é un monumento funerario illado situado nunha ampla chan, facendo tamén as veces de liña divisoria entre Lucenza e A Saceda, xusto á beira da estrada que comunica este último núcleo co da Madanela (concello de Monterrei), o que evidencia que foi utilizado como fito divisorio e visual desde hai moitos séculos. O túmulo, tal e como sinala Rodríguez Colmenero, o primeiro en estudalo, ten forma dun cono truncado, unha altura de 1,5 m e un diámetro de 15 metros.