Pena Muller
A Serra do Larouco (1.538 msnm) é, sen dúbida, o monumento natural máis senlleiro do concello de Cualedro. Divisoria natural entre as comarcas de Monterrei e A Limia, O Larouco é unha cordal montañosa común a Galicia e Portugal que atesoura excepcionais valores paisaxísticos, naturais e culturais.
Pero entre todas elas destaca unha, a coñecida como Pena Muller, un penedo granítico natural e notable altura cuxo perfil recorda a silueta dunha dama –un tanto abstracta en realidade– que foi esculpida co cicel ventureiro do tempo.
Na década de 1980 celebrouse aos pés da Pena Muller a Festa do Larouco, promocionada por un grupo de entusiastas de ambos lados da raia. Iniciada sempre co alborear da gaita, os actos incluían unha ofrenda simbólica ao deus Larouco, en palabras de Rodríguez Colmenero, “destinatario preferente que foi da fe relixiosa e culto dos comarcanos en datas anteriores á chegada do cristianismo”.