É un dos castros mellor conservados de Galicia e tamén un dos poucos declarados Ben de Interese Cultural da provincia de Ourense. O Castro da Saceda, situado a carón da aldea do mesmo nome (integrada na parroquia de Lucenza) érguese no medio dunha chaira, nun outeiro que permite un gran control visual sobre o contorno. Trátase dunha aldea fortificada que presenta leves influenzas do mundo romano debidas aos contactos comerciais, pero non a unha influenza romanizadora directa.