Polígono agroforestal e aldea modelo

Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade.
12/12/2023
Axudas á servizos básicos locais en aldeas modelo e polígonos agroforestais.
13/12/2023
Mostrar todo

Polígono agroforestal e aldea modelo

Polígonos agroforestales

Os polígonos agroforestais son instrumentos para a recuperación e posta en produción de terras de boa capacidade produtiva, que se encontren en estado de abandono ou infrautilización ou sexan susceptibles de optimización, coa finalidade de constituír áreas de explotación que garantan a súa rendibilidade.

Os polígonos agroforestais poden ser de iniciativa pública ou de iniciativa privada e en ámbolos dous casos deberá contarse co acordo dos propietarios de máis do 70% da superficie do polígono.

Deberá existir un estado de abandono ou infrautilización nun mínimo do 50 % da superficie do polígono, agás que os propietarios de máis do 70% da superficie se comprometan desde o inicio a manter ou pór en produción as terras.

O proxecto dos polígonos pode incluír a reestruturación da propiedade e, polo tanto, agrupación parcelaria para garantir unha superficie mínima rendible, así como o acondicionamento das parcelas e as infraestruturas viarias necesarias. Pódese actuar a partir dunha superficie mínima de 10 ha e existe un mecanismo para o control do acaparamento de terras.

Os propietarios dos polígonos poden optar por:

·Manter ou pór en produción a súa terra conforme ás orientacións produtivas do proxecto
·Arrendar ao axente adxudicatario do polígono
·Vender ao axente adxudicatario do polígono

O 24/11/2023  publicouse no DOG o inicio do procedemento de investigación da titularidade de parcelas nos polígonos agroforestais de Cualedro -os que se atopan nunha fase máis avanzada de desenvolvemento en Galicia-. Previo a este paso, e como xa se ten realizado en Leiro, consúltase a información catastral, o rexistro da propiedade e, en colaboración cos concellos, as actuacións necesarias para actualizar a titularidade das parcelas dentro dos perímetros dos polígonos, recollendo e analizando a información aportada polos veciños.

Para seguir impulsando estas ferramentas, a Xunta destinará no vindeiro ano 7,4 millóns de euros para promover os polígonos agroforestais e aldeas modelo como instrumentos de mobilización de terras infrautilizadas.

Aldeas modeloUnha aldea modelo é un tipo de instrumento de recuperación da terra agraria que ten como obxectivo poñer en produción, de xeito sustentable, as terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e á redución do risco de incendios.

Condicións:

·As terras perimetrais da aldea deben estar na súa maioría nun estado de grave abandono, ao tempo que deben ter unha boa capacidade produtiva.
·É necesario o acordo das persoas propietarias dun mínimo do 70% da superficie.
·As persoas propietarias dos terreos comprométense a incorporalos ao Banco de terras por un período mínimo de 10 anos.

Características: 

·É un instrumento totalmente voluntario; se o propietario non quere participar, as súas terras quedan excluídas.
·Non se reestruturan as parcelas, é dicir, non se tocan os marcos.
·As parcelas son arrendadas ás persoas propietarias a través do Banco de terras, polo que estes conservan a súa titularidade.
·Préstase especial atención ao mantemento, conservación e recuperación das infraestruturas agrarias (valados e rede de camiños interiores).
·É unha actuación respectuosa e sostible, ligada fundamentalmente a producións tradicionais e preferiblemente ecolóxicas.
·Formarán parte dunha Rede de Aldeas Modelo para xerar sinerxías e compartir coñecementos.

 No concello de Cualedro está aprobada a Aldea modelo de Carzoá dende 21/01/2022 con 53,68 ha de superficie de 215 parcelas.

Fundamento legal:

·Artigos 79 e seguintes da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
·Artigos 47.bis e 47.ter da Lei 6/2011 de mobilidade de terras.